|
Venres, 17 de Outubro do 2008 |
Un novo recoñecemento para o patrimonio inmaterial galego-portugués que se centrará nas persoas portadoras do patrimonio, o que a Unesco denomina “os tesouros vivos “. Un procedemento que contribuirá a poñer en valor as manifestacións e expresións máis destacadas deste patrimonio e á súa vez garantirá a transmisión ás novas xeracións. Este sistema foi creado por primira vez no Xapón e actualmente está implantado nalgúns países como Francia, República Checa, Bulgaria, Rumanía, Filipinas, Tailandia ou Brasil. |
|
|
Domingo, 02 de Novembro do 2008 |
|
PUBLICACIÓN DO LIBRO "AS FRONTEIRAS E AS IDENTIDADES RAIANAS ENTRE PORTUGAL E ESPANHA", editado pola UTAD ( Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro ) O lançamento terá lugar na próxima quarta-feira, dia 5 de Novembro, pelas 18:30, na Biblioteca Municipal de Chaves, numa organização conjunta entre o pólo da UTAD em Chaves e a Câmara Municipal. No acto participarão. |
|
|
Domingo, 02 de Novembro do 2008 |
A IDENTIDADE DA EURORREXIÓN SERÁ POSTA EN VALOR CO RECOÑECEMENTO DOS PORTADORES DO PATRIMONIO COMÚN O primeiro sistema creouse no Xapón en 1950. A República de Corea creou o seu en 1964. Outros países como Filipinas, Tailandia, Rumanía, Francia, a República Checa e Bulgaria estableceron sistemas que varían de forma considerable duns a outros. Na actualidade xa se instauraron noutros países de África, América Latina, Asia, o Pacífico e Estados Árabes. |
|
|
Martes, 07 de Outubro do 2008 |
|
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, fiel á súa traxectoria de compromiso coa difusión do patrimonio inmaterial galego-português, convocou no mes de novembro do ano 2007 o II Certame Escolar de Recolla da Tradición Oral. Máis de 60 centros educativos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal incribíronse para realizar os traballos de recollida e posta en valor deste patrimonio. Durante o curso escolar desenvolvéronse diversos obradoiros de narración oral nos centros que realizaron os traballos para o Certame. Narradores como Cándido Pazó, Avelino González, Fátima Fernández ou Anxo Moure impartiron sesións de literatura oral e explicaron aos máis novos as técnicas de transmisión deste patrimonio cultural.
|
|
|
Martes, 24 de Xuño do 2008 |
|
E aquí están os gañadores nos concursos desta nova edición de Ponte...Nas Ondas. Lembrade de enviar un email a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
para poder enviar o premio.
NORABOA ÁS E AOS GAÑADORES |
|
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
|
O pasado venres día 6 celebrouse en Vigo a XIV edición de Ponte... nas ondas! con escolares dos dous lados do Miño. Un ano máis, Ponte nas Ondas celebrouse con grande éxito e numerosos apoios. Na XIV edición que tivo lugar o venres día 6 na Facultade de Telecomunicacións e no museo Verbum de Vigo, estudantes dun e outro lado do Miño realizaron a que é a festa do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués. |
|
|