|
Sábado, 07 de Xuño do 2008 |
|
MÁIS DE 70 CENTROS DE 7 PAÍSES NA XIV EDICIÓN A XIV edición da xornada de radio interescolar logra o apoio unánime dos máis novos na defensa do patrimonio inmaterial galego-portugués a patrimonio da Humanidade. Tamén as dúas conselleiras da Xunta de Galicia, Mª José Caride e Teresa Táboas, que pasaron por esta edición de Ponte...nas ondas! en directo no Auditorio da Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a preguntas dos máis novos, mostraron o seu apoio a nova presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués diante da UNESCO e tamén ao labor que está a desenvolver Ponte...nas ondas! |